Formulario de alta en AGAXORDE
Benvida/o á Asociación Galega de Xornalistas do Deporte.
Grazas polo teu interese en formar parte de AGAXORDE, entidade que reúne xornalistas, comunicadores e profesionais vinculados á información deportiva.
Para solicitar a alta como socia/o, cobre este formulario cos teus datos persoais, profesionais e bancarios. A solicitude será revisada pola Xunta Directiva da asociación e, unha vez aprobada, recibirás a confirmación por correo electrónico.
🏦 Cota e domiciliación bancaria
A cota anual de AGAXORDE aboarase mediante domiciliación bancaria na conta indicada neste formulario.
- 40 € · Socios/as en activo.
- 15 € · Estudantes.
- Gratuíta · Persoas xubiladas (con carácter vitalicio).
- Gratuíta · Persoas desempregadas mentres permanezan en situación de desemprego.
Se a túa situación implica o pagamento da cota, deberás facilitar o teu número IBAN e aceptar a orde de domiciliación bancaria para que AGAXORDE poida emitir os recibos correspondentes.
En cumprimento do Regulamento (UE) 2016/679 (RXPD) e da Lei orgánica 3/2018 (LOPDGDD), infórmase de que os datos persoais facilitados serán tratados por AGAXORDE, como responsable do tratamento, coa finalidade de xestionar a súa alta como asociado/a, manter a relación asociativa e remitirlle información relacionada coas actividades da entidade.
Así mesmo, e sempre que nos outorgue o seu consentimento, poderemos remitirlle boletíns informativos (newsletters), convocatorias, información sobre actividades, formación, eventos, publicacións e outras comunicacións relacionadas coa actividade de AGAXORDE e das súas entidades colaboradoras.
O formulario está aloxado en Google Workspace, polo que os datos poderán ser almacenados nos servidores de Google, que actúa como encargado do tratamento conforme ás súas propias condicións de privacidade.
Pode exercer os seus dereitos de acceso, rectificación, supresión, oposición e demais previstos na normativa vixente escribindo a info@agaxorde.org. Se considera que os seus dereitos non foron atendidos adecuadamente, poderá presentar unha reclamación ante a Axencia Española de Protección de Datos (www.aepd.es).